Decidir sen cruzar os dedos.

Ás veces, levar un negocio séntese como camiñar ás escuras nunha habitación que cres coñecer. Sabes que o teu produto é bo, pero non acabas de entender por que algúns días o vento sopra a favor e outros parece que todo custa o dobre.

Miras arredor e ves que a competencia se move con unha seguridade que ti, agora mesmo, non tes. Pregúntaste se eles saben algo que ti non, se o que che funcionou o ano pasado seguirá valendo mañá, ou se ese nicho do que todos falan é unha oportunidade real ou só outra forma de perder o tempo. O cansazo de decidir por intuición pesa moito cando hai nóminas que pagar.

A clareza é o descanso do que decide. Falamos de recuperar a noite de sono porque os teus pasos non son apostas, son movementos baseados en evidencias. Ter a certeza de que non estás disparando ao aire.

Unha radiografía completa do taboleiro de xogo. Entender quen está ao lado, que queren de verdade os que compran e onde están os ocos que ninguén está mirando aínda. Non se trata de entregar un informe para coller po, senón de debuxar o mapa exacto para deixar de adiviñar.

Menos incerteza. Máis datos. A seguridade de saber, por fin, onde estás pisando.

Si buscas estratexia, imos xuntos.

Subscríbeche agora

Recibe recursos técnicos gratuítos e actualizados